Revolución!!

Revolución!!

Semanario publicado en Pontevedra a partir de novembro de 1931 como voceiro da “Sociedad Obrera de Cultura”, entidade na que coexistían socialistas, comunistas e libertarios. Desde o mes de decembro o periódico só vai reflectir a posición dos comunistas pontevedreses, en competencia cos socialistas polo control da Federación Local de Trabajadores e a Federación Agraria Comarcal. Inicialmente participaron na redacción anarcosindicalistas como Desiderio Comesaña ou Francisco Iturralde, a partir do nº 4 albíscanse tras artigos apócrifos significados militantes obreiros e agrarios do PCE, como Manuel García Filgueira, Domingo Costas ou Manuel Gama.