rexente

rexente

(< lat regente)

    1. adx

      Que rexe ou goberna.

    2. s

      Persoa que rexenta ou goberna unha monarquía durante a minoría de idade ou a ausencia do soberano.

    3. s

      Persoa que, dirixe un negocio, mesmo sen ser a propietaria, como imprentas ou farmacias, entre outros.

    4. s m

      Persoa que preside os estudos dalgunhas ordes relixiosas e quen os presidía nas universidades.

  1. s m [RELIX]

    Persoa que rexe a cura de almas dunha parroquia pola ausencia ou incapacidade do titular. Ten menos atributos ca o ecónomo, xa que depende totalmente da persoa a quen que substitúe.

  2. s m [HIST]

    Membro da chancelaría real que dirixía a práctica diaria do despacho dos documentos, en ausencia do chanceler ou do vicechanceler, a quen substituía no cargo.

  3. s m [HIST]

    Membro da curia do gobernador que rexía o cargo de gobernador en caso da ausencia ou falta deste.

Palabras veciñas

rexenerativo -va | Rexengas | rexentar | rexente | Rexente | rexeo | rexer