Rexente
Rexente
Diamante de gran dureza atopado nas minas de Partil (India) cara a 1701. O seu valor en bruto era de 410 quilates e, unha vez tallado, de 140,50. Comprado en 1702 polo gobernador de Madras, Thomas Pitt, en 1717 adquiriuno o rexente Filipe de Orléans para a coroa francesa, e adoptou o nome de Rexente. Adornou a coroa de Luís XV de Francia, o pomo da espada de Napoleón I Bonaparte e a diadema da Emperatriz Uxía de Guzmán Portocarrero Kirpatrick. Despois trasladouse ao Musée du Louvre.