rexión

rexión

(

    1. s f [XEOG/ADM]

      Extensión de territorio caracterizada por certas circunstancias como o clima, a produción, a topografía ou a administración. As rexións naturais estan baseadas no medio natural. A síntese das rexións fisiográficas e as humanas, constitúen as rexións xeográficas. En todos os países desenvoltos, pódense establecer unhas rexións humanas funcionais, nodais ou polarizadas arredor dunha cidade. As nucleares constitúen as rexións metropolitanas, que actúan como núcleo polarizador de rexións máis extensas. En canto á medida, as estatísticas da ONU adoptaron unha división do mundo en grandes rexións, como Europa Meridional, Extremo Oriente continental ou Oriente Medio. Os países pequenos pódense dividir en rexións, necesariamente pequenas. En España, a fin do Antigo Réxime supuxo a substitución gradual do termo provincias polo de rexións históricas, que constituíron a estrutura territorial que serviu de soporte ás aspiracións autonomistas e que desembocou na creación das comunidades autónomas.

    2. rexión aérea [BÉL]

      División territorial en España en bases de estacionamento e de instrución do exército do aire, en tempos de paz, e de operacións, en tempos de guerra. Tiña como sedes Madrid, Sevilla e Zaragoza, e a zona aérea de Canarias.

    3. rexión europea [DER]

      Unidade territorial de primeiro nivel definida pola Comisión das Comunidades Europeas, segundo a Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas (NUTS). A Asemblea das Rexións de Europa define como rexión europea toda entidade situada por debaixo do nivel do estado central dotada de representatividade política. A esta asemblea pertence Galicia.

    4. rexión militar [BÉL]

      capitanía xeneral.

    5. rexión zooxeográfica/faunística / [ZOOL/XEOG]

      Cada unha das zonas xeográficas que se distinguen sobre a superficie terrestre, tendo en conta as afinidades e as diferenzas faunísticas. Diferéncianse principalmente sete rexións zooxeográficas: a paleártica (Asia central, Asia setentrional, Europa e África ata o limite meridional do Sáhara), a neártica (América do Norte e Groenlandia), a neotropical (América Central, América do Sur e as Antillas), a etiópica (África, desde o Sáhara ata o cabo de Boa Esperanza), a malgaxe (Madagascar, con fauna característica e especies arcaias) a oriental (sur de Asia e Indonesia) e a australiana (Australia, Nova Zelanda, Nova Guinea, e illas circundantes). OBS: Tamén se denomina reino zooxeográfico.

  1. s f [BIOL/XEOG]

    División bioxeográfica inferior ao reino, que comprende unha zona extensa e ben caracterizada florística e faunisticamente, con endemismos a nivel de familia e de subfamilia.

  2. [MAT]
    1. s f

      Conxunto aberto conexo dun espazo topolóxico.

    2. rexión crítica/de rexeitamento

      Conxunto de valores da variable que corresponden á non aceptación dunha hipótese.

    3. rexión de aceptación

      Conxunto de valores da variable que corresponden á aceptación dunha hipótese (teoría da decisión estatística).

  3. s f rexión anatómica [ANAT]

    Cada unha das zonas ou partes en que se pode considerar dividido, natural ou arbitrariamente, o corpo humano. Fálase, así, por exemplo, da rexión abdominal (abdome), da rexión precordial (arredor do corazón) ou da rexión lumbar (lombo), entre outras.

Palabras veciñas

Rexinaldo | rexío | rexio -xia | rexión | rexional | rexionalismo | rexionalista