rexional

rexional

(< lat regionāle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a unha rexión ou ás rexións.

  2. economía rexional [ECON]

    Especialidade de análise económica que apareceu a principios da década de 1950, como teorización da aplicación práctica de medidas de política conxuntural en ámbitos territoriais específicos. Partiu da consideración dun conxunto de rexións dentro dun determinado ámbito estatal. Cada rexión tratouse como unha unidade espacial aberta e homoxénea e definiuse polo nivel de renda, polos sectores exportadores, pola estrutura sectorial ou por unha determinada dispoñibilidade de factores produtivos. Aplicáronse á análise rexional modelos keynesianos de impacto a curto prazo nos primeiros casos. Posteriormente, a economía rexional pasou a integrase nunha disciplina máis xeral, a economía espacial, que incorporou o espazo como unha variable explícita nos seus modelos e na súa teoría. O seu contido foi definido por todos aqueles aspectos segundo os cales o espazo xerou problemas económicos: o espazo como distancia (que supón toda a problemática microeconómica englobada na teoría da localización), o espazo como superficie (no que se integra de feito a economía rexional) e o espazo como polarización (que representa a análise dos problemas urbanos, os fenómenos de aglomeración e concentración como tamén as individualidades).

Palabras veciñas

rexío | rexio -xia | rexión | rexional | rexionalismo | rexionalista | rexionalización