Rexurdimento

Rexurdimento
[PUBLIC]

Boletín publicado en Betanzos a partir do 1 de agosto de 1922. Cesou en xullo de 1923. Subtitulado “Boletín quincenal. Órgao dos intereses mariñáns”, foi dirixido por Salvador Mosteiro da Pena (1922-1923). Relacionado coa delegación local da Irmandade Nacionalista Galega, incluíu temas sociopolíticos, crítica literaria e unha sección de noticias de Portugal e Irlanda. Completou os contidos con recensións e colaboracións literarias de nacionalistas betanceiros. Interrompeu a edición o 16 de outubro de 1922 e reapareceu en xaneiro de 1923, subtitulándose “Ógao da I.N.G”, e aumentando a tiraxe. Controlado por Vicente Risco desde Ourense, seguiu editándose nas Mariñas.

Palabras veciñas

rexuntar | rexurdimento | Rexurdimento | Rexurdimento | rexurdir | rexuvenecedor -ra | rexuvenecemento