Rey Lama, Gonzalo

Rey Lama, Gonzalo

Enxeñeiro. Doutor en Enxeñaría de Minas (1964), realizou estudos de restauración arquitectónica na Universidade da Coruña (1994). Director-xerente da empresa NEOR SA, especializouse na restauración arquitectónica de edificios históricos. Membro, entre outras asociacións, da Comisión Galega de Delimitación Territorial e do Consello da Cultura Galega, desde 1985 é secretario da Fundación Rosalía de Castro e desde 1998 presidente da Asociación Española de Casas-Museo y Fundaciones de Escritores. Membro da Escola Cristiá de Galicia e vogal da editorial SEPT, foi secretario executivo do Partido Popular Galego (1977-1979).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo