Ribalogio, Santa María de ou Santa María de Loio

Ribalogio, Santa María de ou Santa María de Loio

Antigo mosteiro situado en Paradela. Posiblemente fundado no s VIII polo abade Quintila, constátase a súa existencia desde o s IX seguindo a regra de san Froitoso de Braga. Viviu a época de maior esplendor no s IX coa etapa dos cabaleiros templarios de Galicia e, de feito, a primeira reunión dos cabaleiros da orde militar de Santiago celebrouse neste mosteiro. A condesa Ermesinda mandouno restaurar, e en 927 os reis Sancho I Ordóñez e Afonso IV de León decidiron, nunha asemblea celebrada en Lugo, unha nova restauración disciplinar do mosteiro, que se lle encargou ao conde Gutier, pai de san Rosendo. A renovación do mosteiro confirmárona máis tarde os reis Ramiro II de León e Vermudo II. Posteriormente, estivo ocupado por monxes que seguían a regra de santo Agostiño.

Palabras veciñas

ribadumiense | Ribaforada | ribagorzano -na | Ribalogio, Santa María de ou Santa María de Loio | Ribalta Copete, Aurelio | Ribalta, Francesc | Ribamontán al Mar