Ribas, Lope de
Ribas, Lope de
Relixioso agostiño. Foi prior da colexiata de El Burgo de Osma, deán do cabido da súa igrexa catedral, capelán maior dos monarcas Xoán II e Enrique IV o Impotente, confesor da infanta Isabel, capelán de Xoana de Portugal, conselleiro de Castela, presidente da Audiencia de Segovia e bispo de Cartaxena (1459). En 1474 a Raíña Isabel I a Católica, nomeouno conselleiro permanente e presidente do Real Consejo de Castilla.