Ribas, pazo de

Ribas, pazo de

Construción situada en Rosende (Sober). Ten planta en forma de L, con planta baixa e dous andares que se abren nunha das fachadas laterais cara ao xardín en dúas amplas balconadas. Está rodeado dun muro que pecha a propiedade na que se atopan varias construcións anexas.