Ribeira, pazo de

Ribeira, pazo de

Construción situada en Sillobre (Fene). Realizada en cachotaría, ten planta rectangular e dous andares. A entrada principal ten un arco de medio punto e unha inscrición, posteriormente inscribiuse nela unha porta arquitrabada. Na á esquerda da vivenda consérvase un forno.