Ribeira, pazo de

Ribeira, pazo de

Construción situada en Lavadores (Vigo). Data de finais do s XVII, ten planta en forma de U e leva un muro pechando os extremos dos corpos laterais, cun portón de entrada, cun escudo oval. Construído en cantaría, conta cun patio cunha escaleira de pedra que leva ao andar principal. Na fachada posterior destaca unha ampla solaina.