Ribeira Sacra
Área de interese natural, declarada no ano 2001, que abrangue as marxes do val encaixado do canón do Sil e do río Cabe. Comprende as comarcas situadas entre as primeiras elevacións do Courel e os vales de Ourense e do Ribeiro, e desde a serra do Faro ata a serra de Queixa. Predomina a vexetación de tipo mediterráneo. Existen carballeiras con especies de Quercus robur e Quercus pyrenaica, bosques de castiñeiros (Castanea sativa) e aciñeirais de Quercus ilex e Quercus rotundifolia. Da fauna destaca a presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), falcón peregrino (Falco peregrinus) e bufo grande (Bubo bubo), aguia albela (Circaetus gallicus), cotovía pequena (Lullula arborea), papuxa montesa (Sylvia undata) e lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).