Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

Denominación de Orixe recoñecida pola Orde do 30 de maio de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e ratificada pola Orde de 11 de setembro de 1997 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Abrangue os viños de parroquias e aldeas de 17 concellos ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, organizándose nas subzonas de Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Realízase con uvas brancas preferentes godello, albariño, loureira, treixadura, dona branca, tarrontés e a autorizada palomino, e coas tintas preferentes mencia, brancellao, merenzao e as autorizadas mouratón ou negreda e garnacha. Os viños son do ano e cheos de xuventude, cor, aroma e sabor. Os viños Mencía, variedade máis cultivada, son afroitados, suaves na boca e con acedume equilibrada. Nos viños brancos destacan os monovarietais, de base godello ou albariño.