Ricardo I de Inglaterra Corazón de León
Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oxford -
Deceso
Lugar : Châlus, Aquitania