Ricoy, Alberte

Ricoy, Alberte

Mestre de obras de orixe galega. Traballou con Xoán López Freire no convento da Compañía de María, no consistorio e nos cárceres de Santiago de Compostela (1767). Tamén participou nas obras da Universidade de Santiago de Compostela, na construción da fachada nova da catedral de Lugo e nas obras de reedificación da igrexa de Santiago de Pontedeume. O seu irmán Melchor Ricoy traballou no santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades en Silleda (1765-1787), foi o encargado de construír a vía pública entre Ponte Sampaio e Santiago de Compostela e realizou pontes como a de Valga e a de Malvar.