Ridley, Nicholas

Ridley, Nicholas

Bispo e reformador inglés. Despois de estudar en Cambridge, en La Sorbonne e en Lovaina, foi capelán de Thomas Cranmer (1537). Nomeado capelán real (1540), formou parte do tribunal que xulgou e fixo dimitir aos bispos Stephen Gardiner e T. Bonner, e sucedeu a este como bispo de Londres (1550). Co acceso ao trono de María I de Inglaterra (1553), foi apresado e condenado á fogueira por herexe xunto a Hugh Latimer (1555).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Newcastle upon Tyne

  • Deceso

    Lugar : Oxford