Rieti

Rieti

Capital da provincia homónima, Lacio, Italia, situada ao NL de Roma (41.349 h [2000]). A antiga Reate, foi dominada primeiro polos sabinos e máis tarde polos romanos, foi bispado en 500, e en 1354 pasou a depender dos Estados Pontificios. Do seu patrimonio destaca a catedral románica, que está adornada por dentro con estruturas barrocas.