Rifbjerg, Klaus
Rifbjerg, Klaus
Escritor e crítico literario. A súa obra reflicte con realismo a problemática do individuo na sociedade moderna. Destacan tanto as súas escolmas de poemas como as súas novelas, narracións, crítica literaria ou guións para radio e televisión. Escribiu Anna, jeg, Anna (Ana, eu, Ana, 1970), coa que conseguiu o Premio de Literatura Nórdica; Mand og Kvinder (Homes e mulleres, 1982), en que reflicte a imaxe da sociedade danesa; Falsk forår (Falsa primavera, 1984) e a escolma de poesía Byens tvelys (A media luz da cidade, 1987).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Copenhaguen