Rīga, golfo de
Rīga, golfo de
Golfo do Mar Báltico, situado nas costas de Letonia e Estonia. Está separado de mar aberto pola illa de Saaremaa. Desaugan nel os ríos Daugava (Dvina Occidental), Lielupe e Gauja. O seu porto principal é Rīga.