Ríos Lazcano, Isabel
Ríos Lazcano, Isabel
Sindicalista. En 1934 afiliouse ao Partido Comunista de España (PCE) e organizou a primeira célula do partido en Curtis, da que foi nomeada secretaria, e o Sindicato de Oficios Varios. Durante a Guerra Civil Española foi condenada a morte, pero conmutárolle a pena e foi posta en liberdade condicional en 1943. Regresou a Galiza, e colaborou novamente co PCE e coa guerrilla que estaba organizada nos montes. Emigrou a Bos Aires e reiniciou a súa militancia comunista, incorporouse á Federación de Sociedades Gallegas participando na comisión feminina e na de cultura. Escribiu Testimonios de la Guerra Civil.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Curtis -
Deceso
Lugar : Madrid