risa

risa

(< lat risu)

  1. s f

    Acción de rir, en especial a súa manifestación sonora.

    Sinónimos: riso.
  2. risa sardónica [PAT]

    Contracción dos músculos da cara por efecto da risa. É característica do tétano.

Refráns

  • A muller ri cando pode e chora cando quere.
  • A toda hora hai quen se ri e hai quen chora.
  • Anque me río e anque me folgo, non se me esquece o que teño no corpo.
  • Anque me río, renego de frío.
  • Garda da risa para outro choro, que, anque che tarde, pode vir logo.
  • Inda que río, ben sei cantas son cinco.
  • Moza rinchadeira, tarambaina ou paroleira.
  • Neno que non ri ás sete semanas, ou el é ruín ou ruín é o que mama.
  • Todos queren rirse del e el sabe rirse de todos.
  • Vai así o mundo rolando: uns rindo e outros chorando.
  • Viúva rica, cun olio chora e con outro repenica.
  • Xa que podemos, riamos, que non nos ha faltar unha hora en que morramos.
  • ¡Deus nos dea con que riamos e non con que choremos!

Palabras veciñas

Riquián | rir | Ris-Ras | risa | risada | Risaralda | riscada