Rivas Briones, Antonio

Rivas Briones, Antonio

Pintor. Iniciou a súa formación como tallista en Vilagarcía de Arousa nun taller de ebanistaría. No eido da pintura definiuse a sí mesmo como un autodidacta, que evolucionou do realismo cara ao expresionismo. Cultivou a xilografía (O remuiñeiro; Peixeiras), a escultura, o debuxo e o muralismo, procedementos que empregou para amosar a súa visión de Galicia (O mercado, 1995). A muller acadou un alto grao de protagonismo nas súas obras (O baño, 1970; A muller, 1984), aínda que tamén destacaron as súas pinturas de temática relixiosa (Crucifixión, 1963; Piedade, 1980) e os seus retratos (Autorretrato), xénero que cultivou a partir da década de 1940. Foi un debuxante de ascendencia vagamente cubista. Colorista intenso, as súas composicións de ámbito folclórico (O amaño do espantallo, 1974) ou as súas ideacións de trasmundo máxico (O satiriño, 1983) foron complexas, irónicas e dramáticas (Desesperación, 1979). Recibiu a Medalla de Prata na I Bienal Regional de Arte de Pontevedra (1970) e a Medalla de Ouro na V Bienal Nacional de Arte de Pontevedra (1979).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso