Riveiro Loureiro, Manoel

Riveiro Loureiro, Manoel

(A Coruña 22.4.1933 - 15.01.2009) Escritor. Centrado especialmente na narrativa, aínda que tamén se achegou á produción dramática, na súa obra denuncia as condicións de inxustiza e alienación dos máis desfavorecidos desde un punto de vista solidario. No apartado teatral destacan as súas pezas Viladesfeita (1979), premiada no II Concurso de Teatro Galego do Ateneo de Ferrol; A vinga (1985), O pau (1985, Premio Keltike de Teatro), o monólogo O coronel ten a quen lle escribir (1989) e O prazo (1994, Premio Álvaro Cunqueiro). En narrativa publicou Pola ida e pola volta (1977), O pano (1982), As cereixas (1988), O patrón (1990) e Corpo canso (1993, Premio de Novela García Barros). Recibiu diversos premios no Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo e o Pedrón de Ouro. Morreu o precipitarse desde a fiestra do seu domicilio na Coruña o 15 de Xaneiro de 2009.