Rivero, Roxelio
Rivero, Roxelio
Escritor. Cultivou a poesía e a prosa, que se caracterizou polas súas referencias aos costumes das aldeas galegas, tratados con humor e sátira. Colaborou nos xornais Don Quijote e El Tea, e das súas obras destacan Fungueirazos. Contos Gallegos. (1916), o sainete Na cas do ciruxano (1919), en colaboración con T. Sestelo; Cóchegas. Contos gallegos (1920), Galicia rindo (1924), Larpeiro, coitado e mártir (1929), Aventuras de Guan Piériz (1934), Aturuxos. Contos gallegos (1935) e Desfile de bandoleros (1939).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : As Neves