rizobiáceo -a

rizobiáceo -a

(< lat científico Rhizobium)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás rizobiáceas.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da familia das rizobiáceas.

  3. s f pl [MONERA]

    Familia de bacterias Gram-negativas, da orde das eubacteriais, con varios flaxelos e que habitan saprofiticamente no solo ou establecendo relacións simbióticas con certas plantas ou tamén poden ser patóxenas. Comprende, entre outros, os xéneros Rhizobium e Agrobacterium.

Palabras veciñas

1 rizo | 2 rizo -za | rizo- | rizobiáceo -a | rizobio | rizocárpico -ca | rizocéfalo -la