rizobio

rizobio

(< lat científico Rhizobium)

s m [MONERA]

Bacteria eubacterial, do xénero Rhizobium, Gram--negativa, con flaxelos. Habitan en ambientes aerobios e son non fermentadoras. Poden ser saprófitas, alimentándose de partículas do solo, ou poden asociarse simbioticamente ás raíces de certas plantas, como as fabáceas, e fixar o nitróxeno ambiental por medio de nódulos que se desenvolven despois da infección.