robaliza

robaliza

(< cat llobarro)

Nome científico: [Dicentrarchus labrax, Fam dos morónidos]
s f [ANIMAL/ICT]

Peixe osteitio, da orde dos perciformes, que acada uns 80-90 cm e se caracteriza polo feito de ter o corpo alongado e pouco comprimido, dú­as aletas dorsais separadas e raios espiñosos na primeira aleta dorsal, na anal e nas ventrais. É de cor prateada, gris escura no dorso e branca no ventre. Aliméntase de pequenos peixes, moluscos e crustáceos. Reprodúcese entre xaneiro e marzo. É un peixe que habita tanto á beira das rochas como nos fondos de area, e pode soportar perfectamente a auga ou medio doce.

Sinónimos