Rocha

Rocha

Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo en cuartel: 1 e 4, en campo de prata, un león de goles; 2 e 3, en campo de ouro, tres faixas de goles. Outro trae, escudo partido: 1, en campo de prata, un león da súa cor; 2, de ouro, con catro faixas de goles.