Rocha, Virxe da

Rocha, Virxe da

Monumento construído en 1912, por Antonio Palacios, dedicado á Virxe e situado en Baiona. Realizado en pedra e formigón, representa á Virxe en pé, mirando á fronte, sostendo co brazo dereito unha barca que funciona de mirador e bendicindo coa man esquerda. O interior está oco, cunha escaleira que permite subir ata a barca-mirador. Resalta a brancura da pedra utilizada no rostro, ao que se lle deu un tratamento clasicista, e nas mans. A cruz e a coroa recibiron un tratamento modernista. Aos pés da imaxe celébrase unha romaría o cuarto domingo de agosto.