Rockefeller

Rockefeller

Familia de industriais, financeiros e políticos estadounidenses que procede de campesiños alemáns emigrados a América durante o s XIX. O cabeza da familia foi John Davidson Rockefeller (Richford, New York 8.7.1839-Ormond Beach, Florida 23.5.1937), quen aproveitou a Guerra de Secesión (1861-1864) e a crise de pequenas empresas para conseguir unha forte expansión dos seus negocios. A familia Rockefeller controla numerosas empresas ou participa nelas e posteriormente deixou de levar directamente a súa xestión e traspasou a súa propiedade á Fundación Rockefeller.