Rocker, Rudolf

Rocker, Rudolf

Anarquista. Exiliouse de Alemaña na época de Bismarck e residiu en París e Londres, onde se identificou co anarquismo. Repatriado en 1918 a Berlín, coa ascensión ao poder do nacionalsocialismo tivo que marchar a EE UU. Foi un gran publicista e a súa crítica dos bolxeviques tras a Revolución Rusa acadou gran repercusión. Escribiu as obras doutrinais Sozialdemokratie und Anarchismus (Socialdemocracia e anarquismo, 1919) ou Die Prinzipienerklärung des Syndikalismus (Principios explicativos do sindicalismo, 1920), e de combate, como Francesc Ferrer e a educación libre da mocidade (1910), escrito en hebreo. Prestoulle atención á historia do anarquismo en Johann Most (1924).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Maguncia, Alemaña

  • Deceso

    Lugar : Nova York