Roda, La

Roda, La

Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no val do río Júcar ao NO da capital provincial (13.959 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura de secaño e a gandaría ovina. Posúen industria alimentaria e derivada da madeira. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Salvador, o palacio da Condesa Villaleal, a casa-palacio Doctor La Encina e a Posada del Sol.