Rodas
Rodas
Capital da illa de Rodas e do nomós do Dodecaneso, Grecia (42.400 h [1991]). Situada no extremo setentrional da illa, o seu núcleo antigo, rodeado de murallas bizantinas (s XIII), contén numerosos edificios góticos construídos polos cabaleiros da orde do Hospital de San Xoán entre 1309 e 1522, dos que destaca a catedral de San Xoán, o palacio do gran mestre, os dous hospitais (vello e novo) dos cabaleiros e os hostais ou palacios de oito linguas da orde. A cidade medieval foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988.