rodaxe
rodaxe
(< rodar)
-
s
f
Acción de rodar un filme.
-
s
f
Asentamento dun motor, especialmente de automóbil ou de motocicleta, cando é novo.
-
s
f
Período de entrenamento e adaptación de alguén nunha actividade.
-
s
f
[MAT]
Desprazamento dunha curva, chamada rodante, sobre outra curva fixa, chamada base, de xeito que ambas as dúas sexan constantemente tanxentes e que o punto de contacto percorra arcos iguais sobre as dúas curvas. A traxectoria descrita por un punto da curva móbil chámase ruleta.
-
s
f
[FÍS]
Desprazamento dun corpo que permanece en contacto coa superficie doutro, mediante un movemento de rotación do primeiro, que o fai avanzar sobre o segundo sen que haxa rozamento entre as dúas superficies.