Rodrigo
Derradeiro rei visigodo peninsular (710-711), fillo do conde Teodofredo e neto do Rei Khindasvinto. Ao morrer Vitiza (710), os seus inimigos elixírono como rei. Os fillos de Vitiza refuxiáronse en Ceuta, onde gobernaba o conde Xián baixo o dominio de Muza e negociaron unha axuda para recuperar o trono e o patrimonio familiar. Aproveitando a situación de conflito na Península, os bérberes, comandados por Tāriq ibn Ziyād e axudados por Xián, cruzaron desde o norte de África o estreito e establecéronse no lugar despois chamado Xibraltar. Volveu a Córdoba, reuniu un exército e confioulle as dúas ás aos irmáns de Vitiza, pero os partidarios de Vitiza abandonaron o exército, que foi destruído polas tropas de Tāriq na Batalla de Guadalete (711), onde se deu morte a Rodrigo. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular.