Rodrigo Vidre, Joaquín
Músico. Cego desde os tres anos, estudou música en València e en París con P. A. Dukas. Catedrático de Historia da Música da Universidad Central de Madrid, a súa produción é unha síntese do estilo galante do s XVIII e da arte musical tradicional. Destacan as obras para piano Suite (1923) e Cinco sonatas de Castilla (1951), o Concierto de Aranjuez (1940), para guitarra e orquestra; o Concierto de estío para violín e orquestra (1943), as cancións “Cançó del teuladi” (1934) e “Trovadoresca” (1939), e as obras corais Jo tinc un burro (1933), Quatre cançons en llengua catalá (1946) e Cuatro madrigales amatorios (1948). Foi galardoado co Premio Nacional de Música polo conxunto da súa obra (1982) e o Premio Príncipe de Asturias de las Artes (1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sagunt -
Deceso
Lugar : Madrid