Rodríguez-Losada Rebellón, Eduardo

Rodríguez-Losada Rebellón, Eduardo

Compositor, director de orquestra e arquitecto. Acadou o título de arquitectura en 1911 na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Foi arquitecto provincial (1914-1956) e as súas primeiras obras (edificio do Cantón Grande 14) trataron de realizar unha síntese das posicións academicistas. Na Casa Cortés (1918-1919) fusionou a estética ecléctica e académica, baseada no Renacemento e no Barroco, cos elementos tradicionais como a galería e os miradoiros. Desde 1927 apréciase un interese polos elementos do barroco compostelán en obras como o Colexio de Notarios (1927). En 1930 realizou a sede da Caixa de Aforros coruñesa, onde mesturou os elementos barrocos galegos con outros de filiación europea. A partir de 1931 diminuíu a ornamentación e aproximouse ao funcionalismo e ao racionalismo. Destaca o edificio Las Cigarreras, Centro Social da Unión Tabacalera (1932). Realizou as urbanizacións da Cidade Xardín. Desde 1940 diminuíu a súa produción arquitectónica para dedicarse á música. Estudou harmonía, contrapunto, fuga e composición con Conrado del Campo, e xunto con Canuto Berea impulsou a creación en 1916 dunha orquestra sinfónica na Coruña. Compuxo óperas, sinfonías, poemas sinfónicos, concertos, corais e cancións cunha temática galega de carácter rexionalista. Destacan as óperas Ultreya!, O mariscal e El gran Teatro del Mundo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso