Roebling, John Augustus

Roebling, John Augustus

Enxeñeiro alemán. En 1831 marchou a EE UU, onde se naturalizou, e estableceuse en Pittsburgh, cidade en que fundou unha fábrica de cables metálicos. Construíu varias pontes colgantes, das que destaca a ponte de Brooklyn, que continuou o seu fillo Washington Augustus Roebling (1837-1926).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mühlhausen

  • Deceso

    Lugar : Nova York