Rohlfs, Gerhard
Romanista. Foi profesor de linguas e literaturas románicas nas universidades de Tübingen e Múnic. Lexicógrafo e colaborador do Sprach-und Sachatlas Italiens un der Südschweiz (Atlas lingüístico e etnográfico da Italia e da Suíza meridional, 1928-1940), de K. Jaberg e J. Jud, especializouse nos dialectos de Italia meridional: Griecehn und Romanen in Unteritalien (1924), Dizionario dialettale delle tre Calabrie (1932-1939), Scavi linguistici nella Magna Grecia (1938), Historische Grammatik der unteritelienischen Gräzität (1950-1954) e a síntese Historische Grammatik der italienischen Sprache und ihrer Mundarten (1949). A súa atención ás linguas pirenaicas -o gascón (Le gascon, 1935, 1970) e o aragonés- achegouno ao estudo do catalán. Destaca tamén Die lexikalische Differenzierung der romanischen Sprachen (1954) e a crónica bibliográfica Romanische Philologie (1950-1952) co suplemento Manual de filología hispánica (1957). Foi membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans (1950).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Tübingen, Baden -
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Württemberg