Roi
Roi
[ONOM]
Antropónimo de orixe xermánica, testemuñado na Península Ibérica desde tempos antigos, que provén do godo *Hrôthrîks, latinizado en Rodericus, composto de *hrôth- ‘fama, sona’ e rîks ‘señor, dominador’. Presenta a variante Rui, do que deriva o apelido Ruiz. Este nome deu lugar ao apelido Rodríguez, que é o máis frecuente en Galicia. Na Idade Media as formas Roi/Rui usábanse como outras formas apocopadas (Fernán ou Pai) cando seguía o apelido. Acompañando a forma Don usábase a forma Rodrigo.