Roi Xordo
Fidalgo. Encabezou a Primeira Guerra Irmandiña dos vasalos da zona de Ferrol, Pontedeume e Vilalba contra Nuno Freire de Andrade o Mao. Púxose ao mando de tres mil homes e atacou o castelo de Moeche, onde se refuxiara o señor feudal, pero este xa fuxira a Santiago de Compostela. Posteriormente uníronselles vasalos de Lugo e Mondoñedo e estableceron a súa base de operacións en Pontedeume. Entrevistouse con Lope de Mendoza e Álvaro Núñez de Isorna, mandados polo Rei Xoán II, pero os intentos de pacificación non deron resultado. Dirixiuse entón a Compostela onde os frearon as tropas do arcebispo e retiráronse cara a Pontedeume, onde cercaron o castelo de Andrade. Os condes recibiron o apoio das tropas do arcebispo compostelán e do corrixidor real, e conseguiron vencelos en 1437, nun enfrontamento en que morreu.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Pontedeume