romana

romana

(< lat [statāra] romana)

s f [METROL]

Balanza rudimentaria portátil de ferro forxado formada por unha barra con dous brazos desiguais que descansa sobre un fulcro que pendura ou se sostén coa man mediante unha argola. Do brazo máis curto pendura aquilo que se quere pesar, mentres que o brazo máis longo é gravado cunhas tallas equidistantes onde se encaixa un peso chamado pesa, que ao ser desprazada, permite obter o equilibrio da balanza e determinar o peso desexado. Hai diferentes tipos: de dous e mesmo tres ganchos de suspensión, situados en lugares diferentes, cousa que permite modificar o fulcro e pesar así corpos de peso moi desigual. Foi empregada polos romanos paralelamente a outro tipo de balanzas.