Romaní Blanco, Ana

Romaní Blanco, Ana

Locutora de radio e poetisa. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e participou na creación da Asociación Cultural Catavento (1983), da revista Festa da Palabra Silenciada e da asociación Mulleres Galegas na Comunicación, ademais de en diversos proxectos, como o Laboratorio de Indagacións Poéticas, xunto a Antón Lopo. Foi actriz de dobraxe (1985-1989) e realizou A viborona (1989) en RNE en Galicia e ao ano seguinte comezou a dirixir o Diario Cultural na Radio Galega. Colaborou en diversos proxectos artísticos, como O son da pedra (1994), co grupo Milladoiro; os discos Rosalía na voz dos poetas (1983) e Daquelas que cantan (1997), e o espectáculo Son Delas (2000). Publicou poemas en A Nosa Terra, Dorna, A Saia ou Carel e, en 1987, editou o seu primeiro poemario Palabra de Mar, de carácter intimista, ao que lle seguiron Das últimas mareas (1994), Arden (1988), o conto Marmelada de amoras (1997) e a súa contribución á obra colectiva Narradio. 56 historias no ar (2003). Recibiu o I Premio Irmandade do Libro (1992), o Premio Xerais á Cooperación no Eido Cultural (1999) e o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural (2000) por Diario Cultural.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Noia