Röntgen Roentgen

Röntgen Roentgen

Físico alemán. Pasou a infancia en Holanda, despois viviu en Suíza, onde se doutorou en Física no Instituto Politécnico de Zúric. Dedicouse á docencia nas universidades de Estrasburgo, Hohenheim, Giessen, Würzburg e Múnic. En Würzburg, facendo investigacións sobre os raios catódicos, descubriu, en 1895, as radiacións coñecidas co seu nome (ou co de raios X), polo que recibiu en 1901 o Premio Nobel de Física.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lennep

  • Deceso

    Lugar : Múnic