Roosevelt, Franklin Delano
Político. De orixe holandesa, estudou dereito en Harvard e casou cunha sobriña do presidente Theodore Roosevelt. Membro do Democratic Party, foi senador do estado de New York (1910-1913) e secretario adxunto de Mariña (1913-1920). Gobernador do estado de New York (1929-1932) afrontou a depresión de 1929 con medidas intervencionistas. Elixido presidente de Estados Unidos (1932), foi reelixido ininterrompidamente ata a súa morte. Impulsou a reactivación da economía estadounidense mediante un programa lexislativo de control e intervención na economía do país, que se coñeceu co nome de New Deal. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial mantivo inicialmente a neutralidade de EE UU, pero a entrada na guerra, provocada polo ataque xaponés a Pearl Harbor, comportou un aumento da súa actividade, especialmente no campo diplomático.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Hyde Park, Nova York -
Deceso
Lugar : Warm Spring, Georgia