Rose
Rose
Familia de científicos alemáns. Valentine Rose (Neuruppin, Brandenburgo 1736-Berlín 1771), químico e farmacéutico, ideou unha aliaxe de chumbo, cinc e bismuto. O seu fillo, Valentine Rose (Berlín 1762-1807) o Novo, descubriu o bicarbonato sódico e a insulina. Fillos deste foron Gustav Rose (Berlín 1789-1873), mineraloxista, que estudou a cristalografía e o cuarzo e clasificou as rochas, e Heinrich Rose (Berlín 1795-1864), químico, que colaborou con Berzelius e desenvolveu métodos de análise cualitativa.