Rosell Cardús, José María

Rosell Cardús, José María

Médico bacteriólogo. Estudou medicina na Universitat de Barcelona, fundou a primeira cátedra de microbioloxía en Norteamérica e foi director da École de Laiterie de Saint Hyacinthe. En 1934 fundou o Instituto Rosell de Canadá   e, en 1942, o Instituto Rosell de Lactología en España. Os seus estudos céntranse nas enfermidades dixestivas e da nutrición e foi pioneiro na investigación das bacterias lácticas e no desenvolvemento das súas aplicacións industriais. Colaborou en diversas revistas médicas e científicas e ten numerosas publicacións médicas e de cultura xeral, das que destacan Métodos analíticos de laboratorio lactológico y microbiología de las industrias lácteas (1952), en colaboración con Ignacio dos Santos, e Manual de análisis lactológico y fabricación de quesos y mantecas (1960), en colaboración con José Gómez.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Huesca

  • Deceso

    Lugar : Tui