Rosendo, san
Relixioso. Naceu no seo dunha familia nobre, os Menéndez, condes de Caldelas e detentadores do bispado de Dumio-Mondoñedo. Educouse en Mondoñedo, baixo a tutela do seu tío, o bispo Sabarico II, a quen sucedeu en 925 no bispado. Foi abade do mosteiro de San Salvador e Santa Cruz de Portomarín. Fundou o mosteiro de Celanova, onde ingresou en 946 e sucedeu a san Franquila como segundo abade en 955. O Rei Ordoño III nomeouno gobernador en Galicia, e durante o seu mandato combateu con éxito aos mouros, que cruzaran o Mondego e despois derrotou aos normandos. Volveu ao mosteiro, e desde 968 asumiu a administración da sede de Iria e a sé apostólica, pero sin ser nunca titular da mesma, ata 977. A súa iconografía represéntao vestido de bispo cun báculo na man (bispo) e unha maqueta de igrexa noutra (fundador); pode levar unha espada ou outro detalle guerreiro (condición de guerreiro da Reconquista). A súa festividade celébrase o 1 de marzo.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Celanova