Rosenstein, Samy
Rosenstein, Samy
Escritor. Coñecido como Tristan Tzara, foi un dos creadores en Zúric do dadaísmo, que tivo a súa primeira manifestación en La première aventure céleste de M. Antipyrine (1916), seguida polas súas formulacións no terceiro número da revista Dada (1918) e en Vingt-cinc-poèmes (1919). Mantívose fiel á estética dadaísta, incluso cando esta comezou a decaer. Produciu e realizou a curtametraxe Le Coeur à barbe (1930). Da súa obra escrita destacan Sept manifestes Dada (1930), en prosa, L’homme approximatif (1930), Le coeur à sag (1938), Le poids du monde (1951), La face intérieure (1954) e Le fruit permis (1957).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Moine&# -
Deceso
Lugar : París